O executivo sonense suspende os trámites de construción dunha urbanización en Brañón

paralizacionlicenzasportoson_160508.jpgPORTO DO SON > A adopción desta medida vén provocada polo excesivo número de licenzas que se outorgaron no que vai de ano.

O complexo residencial que unha promotora inmobiliaria tiña a intención de construir no lugar de Brañón en Porto do Son nunha superficie de máis de oito mil metros cadrados queda, polo momento, en suspenso. Así o decidiu o executivo local deste municipio, que busca reducir o exceso de edificación que consideran se está a dar na localidade. Segundo explicou o rexedor, Manuel Tomé xa se superou o cupo máximo de concesión de licenzas urbanísticas, xa que nos últimos meses se outorgaron máis de duascentas polo que é previsible que está situación de suspensión non se levante neste ano. Ademáis, argumentou o mandatario, o exceso de construcción tamén se constatou a través do informe de evaluación ambiental do futuro PXOM, no que sinala que o 40 por cento das vivendas de Porto do Son se atopan baleiras.  

{flowplayer}barbanza/paralizacionlicenzasportoson.flv{/flowplayer}

Presentación recursos

A decisión de paralizar concretamente a edificación deste complexo veu dada, fundamentalmente, porque aínda existen recursos presentados por varios propietarios de terreos afectados por esta construcción que se atopan en vías de tramitación.

Informe xurídico 

Pola súa banda, a agrupación local do BNG neste concello solicitará o informe xurídico da suspensión deste residencial para constatar se a decisión de paralización é arbitraria ou está fundamentada e se axusta a legalidade. Malia todo, os nacionalistas son partidarios dunha suspensión temporal das licenzas urbanísticas ata que o PXOM non esté aprobado.

Redacción Barbanza