“Co resultado da provincia de Pontevedra, Feijóo non sería presidente da Xunta”

PONTEVEDRA> O PSOE realizou hoxe unha valoración das eleccións autonómicas. Os socialistas mostráronse positivos cos resultados acadados na provincia de Pontevedra. Iso si, o secretario xeral provincial do partido, David Regades, asegurou que queda moito traballo para conseguir ser primeira forza en Galicia.

Esa é a valoración que fan os socialistas dos resultados electorais do pasado día 12. Tras conseguir dous deputados máis na provincia de Pontevedra, o PSOE asegura que obtivo un resultado positivo grazas á súa unión interna.

A pesar de obter case 14.000 votos máis na provincia, os socialistas aseguran que non están orgullosos cos resultados globais. Por iso, a agrupación vermella realizará un Comité Provincial nos vindeiros días para analizar todos os errores cometidos nesta campaña.

Os socialistas cren que o modelo da provincia de Pontevedra é un modelo de éxito. Por iso, David Regades asegurou hoxe que traballarán en facer un PSOE forte para liderar Galicia nas vindeiras eleccións autonómicas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí