A Bella Otero retorna a Valga polo 150 aniversario do seu nacemento

VALGA> Homenaxe á Bella Otero en Valga. 150 anos despois do seu nacemento, a súa localidade natal acolleu diversos actos en lembranza da diva da Belle Époque. Ademais dunha recepción no Concello, celebrouse un cabaré en clave de humor no Auditorio Municipal.

150 anos despois do seu nacemento Carolina Otero, ou o que é o mesmo, a Bella Otero, volveu a Valga. Así arrancou onte o espectáculo ‘A Bella Otero retorna a Valga’, dixido por Esther Carrodeguas e organizado polo Concello para conmemora-lo 150 aniversario desta célebre veciña. A bailarina, cantante e actriz foi recibida con tódolos honores polo alcalde e numerosos veciños.

Despois de asinar no libro de honra de Valga, a comitiva desprazouse ata o parque Irmáns Dios Mosquera, onde tivo lugar unha ofrenda floral ante a súa estatua. A Bella Otero non estivo soa no seu regreso a Valga. Canda ella, Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán e Concepción Arenal, que aproveitaron para reivindica-lo papel da muller na localidade.

Houbo tamén unha visita ó Museo da Historia de Valga, cun andar adicado en exclusiva a Carolina. E xa no auditorio, chegou o cabaré: a propia Carolina foi a encargada de exercer de mestra de cerimonias, nun espectáculo marcado polo humor. A representación culminou cunha representación teatral no que se repasou a súa traxectoria vital e artística. A súa, sen dúbida, é unha vída que dá para contar infinidade de historias: tivo que emigrar, brilou nos cabarés parisinos ata acabar converténdose nunha diva en Francia e mesmo foi cortesana. Unha historia única, dunha muller que puxo a Valga no mapa co seu talento cativador.