A protectora Moura denuncia a aparición dunha camada de gatos nun contedor do lixo

POBRA> A protectora Moura da Pobra denuncia a aparición dunha camada de gatos nun contedor do lixo. Fan un chamamento á colaboración veciñal para dar co autor dos feitos que podería enfrontarse a unha sanción de ata trinta mil euros por abandono grave.

Onte mesmo aparecían nestes contedores do Camiño Ancho da Pobra unha camada de gatiños metidos nunha bolsa de plástico. é a segunda vez que acontece, a anterior hai máis de medio ano, polo que dende a protectora Moura fan un chamamento á colaboración veciñal para dar co autor dos feitos.

Son gatos moi pequenos aínda lactantes que precisan de coidados especiais o que dificulta a súa acollida. Os interesados en ampliar a familia cun destes animaliños tan só teñen que poñerse en contacto coa protectora a través da súa web ou dos perfís das redes sociais da asociación Moura.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí