Pontevedra homenaxea á Señora Lola, un dos iconos do club granate

PONTEVEDRA> Pontevedra comezou hai uns días unha nova acción enmarcada no programa “A memoria das mulleres”. Un proxecto centrado en inmortalizar á señora Lola nun mural diante de Pasarón. O traballo está xa a piques de rematar e será inaugurado a vindeira semana.

A partir do vindeiro luns a señora Lola quedará oficialmente inmortalizada neste mural situado na medianeira diante de Pasarón. O estadio onde tantos anos traballou para o Pontevedra CF. O encargado de devolver á Señora Lola a súa casa foi el, o pintor Yoseba Muruzábal.

Yoseba Muruzábal é coñecido por representar ás icónicas “superavoas” ao longo de toda Galicia. Agora, a Señora Lola súmase aos 15 murais que este artista ten ao longo da nosa comunidade.

Aínda que o mural é en branco e negro, nesta imaxe non podía faltar a cor granate, a cal será representada nunha bengala de fume que Yoseba pintará na man da Señora Lola.

Todos os que coñeceron á Señora Lola coinciden en que era unha muller alegre e entrañable, a cal merecíase un recoñecemento coma este na cidade.

A Señora Lola deixouse a pel durante máis de 40 anos como lavandeira do Pontevedra CF e converteuse na nai e na aboa de moitas xeracións de futbolistas. A partir da vindeira semana, a súa imaxe estará presente neste estadio para que ela nunca deixe de mirar ao club do seu corazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí