A Xunta anuncia unha nova unidade de hospitalización no Hospital da Barbanza

RIBEIRA> O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, visitou hoxe as novas instalacións de urxencias do hospital da Barbanza recentemente ampliadas. As obras supxeron un investimento do Goberno Galego de máis dun millón e medio de euros. Núñez Feijóo aproveitou a visita para agradecer ós profesionais da Sanidade Pública Galega o servizo que veñen prestando de forma ininterrompida durante todos estes meses de pandemia.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quixo coñecer de primeira man o resultado das obras de ampliación da área de urxencias do hospital da Barbanza, nas que o Goberno Galego investiu máis dun millón e medio de euros. Durante a visita asegurou que a actuación levada a cabo neste centro hospitalario é un claro exemplo do continuo compromiso da Xunta cos hospitais comarcais.

Núñez Feijóo aproveitou a súa visita a Ribeira para agradecer a tódolos profesionais da Sanidade Pública Galega o servizo que veñen prestando de forma ininterrompida durante todos estes meses de pandemia.

A mellora realizada neste hospital supuxo o aumento nun 40% máis da súa superficie, o que permitiu ampliar a atención a máis pacientes.

Nos últimos anos a Xunta tamén realizou outros investimentos neste hospital, como foi a dotación dun novo laboratorio con novo equipamento, a mellora en quirófanos e esterilización, equipamentos en consultas externas e unha nova unidade de rehabilitación cardíaca.

Queda pendente a mellora das salas de endoscopias dixestivas e a creación dunha nova unidade de hospitalización para ampliar o servizo en 22 camas máis.