O executivo pobrense acomete a segunda fase da reforma integral do Camiño Real

POBRA> A actuación, financiada a través do remanente de 2018, conta cun orzamento duns 70 mil euros.

O alcalde, Xosé Lois Piñeiro, e a edil de Servizos Municipais, Estefanía Ramos, achegáronse esta mañá ata a zona da Ribeiriña, onde se están a executar diversos traballos de acondicionamento do Camiño Real.

A intervención está contemplada en tres fases. Concretamente a que se desenvolve actualmente é a segunda, que irá con cargo na súa totalidade ás arcas municipais a través do remanente de 2018.

Ademais do acondicionamento integral do vial, as obras incluirán tamén a recollida de pluviais e a mellora do cruceiro das Maricas, existente nas inmediacións. O alcalde, aproveitou a visita para anunciar tamén que lle solicitará ós veciños e residentes na zona, que aínda non o fixeran, a súa conexión á rede de saneamento

Segundo explicou o propio rexedor con esta actuación cúmprese unha vella demanda dos veciños da zona, que sempre se sentiron os verdadeiros esquecidos por parte dos distintos gobernos que pasaron polo Concello durante estes anos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí