O Bizkaia-Maitena, primeiro líder da Rías Baixas Martín Códax

riasbaixas250_110808.jpgSALNÉS > O RCN de Vigo acolleu a saída da Regata Rías Baixas Martín Códax. Máis de 120 barcos tomaron a saída nunha primeira etapa moi accidentada que tivo a súa liña de meta no porto de Baiona.

Xa está en marcha a decana das regatas por etapas en España.  A Rías Baixas Martín Códax cumpre 45 edicións neste ano no que a participación volve a ser masiva, con máis de 120 barcos e 1200 tripulantes.

A primeira das etapas foi máis accidentada do que se podía prever. O “Saiola” de Ribadeo, o “Sinch” de Sada e o “Pipo” de Baiona romperon o seu mástil debido ós fortes ventos que chegaron a acadar unha intensidade de 25 nudos. Os máis perxudicados foron o “Quebramar” o “Valdamor” e o “Opecen” de Portosín, que sufriron roturas nas súas velas e aparellos.

Ás dúas da tarde, cun retraso duns 20 minutos deuse á sáida á flota dende o Real Club Náutico de Vigo, club organizador. E a saída foi espectacular, sobre todo as que levaron a cabo o Albatros, do pontevedrés Apolinar Mozos no primeiro lote e o Bizkai-Maitena e o Castrosúa no grupo dos regata e regata – crucero. Debido ó forte vento que reinou durante toda a tarde a flota desprazouse con gran velocidade camiño a Baiona, onde os barcos tiveron moitos problemas para manterse enteiros.

Así as cousas, trala primeira xornada lidera a clasificación xeral o Bizkaia Maitena. Na clase Regata-Crucero o primeiro foi o Turismo Rías Biaxas, mentres que en Crucero Regata o mnáis rápido foi o Terras Gauda e en Crucero o Chispa Nejra do Club Náutico Beluso.

Mañá, a segunda etapa sairá dende Baiona ás 13:00 e chegará,  xa ben entrada a tarde, á Pobra do Caramiñal, tras un percorrido de 25 millas.

Redacción Salnés