![]()
RIANXO> A proba, que está organizada pola empresa Serviocio en colaboración co departamento de Deportes, arrancará ás once e media da mañá dende o porto.
{flowplayer}barbanza/presentaciontravesianadorianxo13.flv{/flowplayer}
Os afeccionados á natación terá nunha cita importante este próximo domingo en Rianxo coa celebración da terceira edición da travesía an ado. A proba, organizada pola empresa Serviocio, que xestiona a actual piscina municipal, en colaboración co departamento de Deportes, arrancará ás once e media da mañá, dende o porto da localidade, concretamente fronte á confraría vella. Unha das novidades deste ano será precisamente o seu emprazamento.
Boa xestión
O edil de Deportes agradeceu o esforzo e a iniciativa da empresa Serviocio na organización desta travesía, destacando tamén o labor que desenvolve na xestión da actual piscina municipal na que atende a unha media de abonados que supera os 800 e que en total supón preto de 2.000 usuarios.
50 inscritos
Na competición haberá tres categorías, con distancias diferentes para cada unha delas, de 900, 1.500 e 2.000 metros. Os gañadores de cada unha das distancias conseguirán importantes premios. As inscricións poden realizarse nas propias oficinas da piscina municipal. Na proba xa hai preto de 50 anotados.
Redacción Barbanza








