Céspede con certificado FIFA para adestrar en Ribadumia

RIBADUMIA> Os xogadores dos dez equipos que alberga o Umia Lub de Fútbol e outros colectivos de Ribadumia que emprega no campo da Bouza, xa poden entrar a xogar no novo céspede de última xeración. Esta mañá a alcaldes ada localidade xunto ó presidente do Umia e representantes da empresa que realizou a remodelación deron o último visto e prace. Céspede de gran resistencia ó esforzo, capacidade de recuperación e con certificado FIFA 2 estrelas. Os xogadores que fan uso do campo de fútbol da Bouza, en Ribadumia, xa dispoñen dunha cuberta renovada que substitúe ó anterior céspede xa moi deteriorado e que magoaba ós usuarios. A reforma da instalación realizouse en dúas fases, retirada do pavimento deteriorado e substitución polo novo. Unha obra custeada integramente polas arcas municipais e que se achegou ós 180.000 euros. O campo da Bouza é unha das infraestruturas deportivas da localidade máis empregada, xa que ademais dos dez equipos do Umia Club de Fútbol, con máis de 170 fichas, tamén adestran nel equipos afeccionados e veteranos como o Boa Vila de Barrantes ou os alumnos do Julia Becerra Malvar. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/29/cespedebouza.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/29/INAUGURACION_CAMPO_BARRANTES.mp4{/flowplayer}