2,7 millóns de euros dun quinto premio vendidos na administración da Michelena de Pontevedra

PONTEVEDRA> Aínda que na Illa foi onde caeron máis premios, con ese terceiro e os dous quintos, onde quedaron máis cartos foi en Pontevedra. En concreto, 2,7 millóns de euros grazas ao quinto premio 60.649 do que tamén quedou un pouco na Illa.

En Pontevedra, foi na administración de lotaría número 1 da cidade, situada na rúa Michelena.En concreto, vendéronse 45 series dese número. Boa parte deles foron parar para Moncho Logística de Refrigeración, empresa asentada no polígono de Barro.

Neste caso, a compañía -coñecida antes como Frutas Moncho- comprou 320 dos 450 décimios para repartir entre os seus empregados, clientes e proveedores.

Trátase do primeiro gran premio que reparten nesta administración pontevedresa en anos. As súas responsables apuntaban hoxe que levaban uns tres anos sen dar un premio importante.