SANXENXO> O quinto premio que caeu en Pontevedra e na Illa fixo tamén parada en Sanxenxo. Do 60.649 vendéronse dez décimos na administración de lotaría número 1 da vila, situada na rúa de Madrid. En total, polo tanto 60.000 euros.
Nesta administración non é a primeira vez que reparten fortuna. Xa en anos anteriores repartiran tamén fortuna no Sorteo de Nadal, sempre grazas a quintos premios.
O responsable desta administración recoñecía non ter nin idea de quen poden ser os afortunados.
Máis aínda tendo en conta a cantidade de xente que pasa por Sanxenxo ao longo de todo o ano.
Así e todo, el cre que moi probablemente se puido ter vendido no verán e que os compradores destes boletos premiados sexan turistas.











