Pontevedra reactiva a construción do novo vial de Mollavao trala autorización de Costas

PONTEVEDRA> O concello de Pontevedra reactiva os trámites relacionados co proxecto do novo vial de Mollavao. Esta mañá, como onte anunciara o delegado do Goberno en Galicia, recibiron o permiso de Costas para levar adiante esta agardada actuación que permitirá, din dende o goberno local, humanizar un treito da rúa Rosalía de Castro. A concesión é por un período de 15 anos prorrogables por outros 15 e a intención é que as obras estean en marcha este mesmo ano.

O concello de Pontevedra quere que as obras para construír o ‘baipás’ de Mollavao comecen este mesmo ano. Como anunciara onte o Delegado do Goberno, hoxe recibiron a concesión de Costas destes terreos.

Agora o goberno local terá que reunirse coa Deputación de Pontevedra, autora do proxecto desta nova vía. As dúas administracións deberán acordar a actualización dos prezos. No seu día, o baipás estaba orzamento en case 940.000 euros.

A concesión é por un período de 15 anos prorrogables por outros 15 e está condicionada a que se presente un proxecto de revexetación do resto da parcela, actualmente empregada como aparcadoiro de bordo.

Costas reclama tamén a regularización da Avenida de Marín, unha vía feita por Fomento nos anos 50 e cedida ao concello pero que nunca se formalizou ante Costas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí