A Lotaría de Nadal sorrí á Illa de Arousa por partida triple

A ILLA> A Illa de Arousa un dos municipios máis afortunados das Rías Baixas no Sorteo da Lotaría de Nadal. No municipio vendeuse un décimo do terceiro premio e tamén unha ducia de dous quintos premios. Foi na administración de San Xulián, onde xa están afeitos a repartir fortuna entre os seus veciños e visitantes. Ademais, a confraría insular repartiu 330.000 euros pola terminación do Gordo.

Por partida triple A Illa de Arousa viviu por todo o alto o Sorteo da Lotaría de Nadal. Aquí caeron beliscos do terceiro premio e de dous quintos.

Foi na administración de Lotaría San Xulián, coñecida por ter repartido fortuna xa noutras ocasións.C

Do terceiro premio, o 90.693, aquí venderon un décimo, o que se traduce en 50.000 euros. Dese mesmo número tamén se vendeu outro décimo en Cuntis, nun bar da praza de Ferrol. Na Illa, no caso dos quintos: do 60.649 venderon dez e do outro, do 77.715, outro boleto. Cada décimo está premiado con 6.000 euros

O que non saben nesta administración é se os cartos puideron quedar na Illa ou marchar para outro lugar. Por aquí, lembran, pasan moitos turistas que aproveitan para mercar lotaría.

Continuar unha boa racha que tivo o seu punto álxido no 2021, daquela grazas a ao alumando de 4º da ESO e a súa viaxe de fin de curso, cando repartiran 15,7 millóns de euros.

Nesta ocasión, a sorte non fixo parada no instituto da Illa, senón na Confraría. O pósito xogou ao 87.332, número coa mesma terminación que o Gordo. Así que cada décimo está premiado con 220 euros, deixando no municipio outros 330.000 euros.