As futuras estrelas do volei galego daranse cita en Rianxo

RIANXO> Rianxo acollerá o domingo 29 de marzo o Torneo Futuras Estrelas. A actividade está organizada polo Club Voleibol Rianxo e a Federación Galega de Volei, en colaboración co Concello.

As futuras estrelas do volei a nivel galego daranse cita o domingo 29 de marzo en Rianxo, no polideportivo municipal, para disputa da Copa benxamín. Organizada polo Club Voleibol Rianxo e a Federación Galega de Volei, a competición servirá para que os máis cativos poidan ir sumando experiencias. Prevese unha participación duns trinta equipos chegados dende toda a comunidade.

Dende o Concello, que colabora na organización do evento, destacaron a importancia de poder acoller este tipo de probas.

As inscricións para os equipos aínda está aberta, podéndose realizar enviando un correo á Federación correo@volei.gal