A alta mortaldade de marisco condiciona o arranque da campaña en Rianxo

RIANXO> A mortaldade de marisco está a condicionar a volta ó traballo dos mariscadores rianxeiros ás súas concesións. Aínda así os prezos están a comportarse bastante ben, especialmente no que respecta á ameixa babosa.

Nestas primeiras xornadas de traballo, os mariscadores de Rianxo constataron o que xa se temían. O exceso de chuvias deste inverno traduciuse nunha alta mortaldade de ameixa xapónica.

Precisamente esta especie, a babosa, é que presenta a nota positiva cunha cotización que rolda os vinte euros. Haberá que ven o que pasa a partir de agora coa apertura da campaña no resto das confrarías de Arousa que determinará o comportamento do mercado en función da oferta. 

Á espera de ver como se desenvolve a campaña, dende a confraría rianxeira agardan que non teñan consecuencias negativas os lodos que a finais da semana pasada arrastraba o río Ulla procedentes do corremento de terras en Boqueixón.