Choque total entre Vilagarcía e a Deputación pola perda de medio millón de euros do Plan Extra

VILAGARCIA> O concello de Vilagarcía levará aos tribunais á Deputación de Pontevedra por quedar excluído do segundo Plan Extra. O municipio perdeu unha subvención de máis de medio millón de euros para a reforma das rúas Aduana e Cruz, no Carril. A Deputación argumenta que o proxecto que presentaron era ‘incompleto e inexecutable’. Pero dende o goberno local cren que detrás desta decisión hai motivacións políticas e electoralistas. O alcalde fala dun ‘cambio de formas’ do goberno provincial e mesmo pon en dúbida que Luis López compatibilice a presidencia da Deputación co liderado do PP na provincia.

Choque total entre o concello de Vilagarcía e a Deputación de Pontevedra logo de que a cidade quedase fóra do segundo Plan Extra da Deputación.

A cidade quedou excluída deste plan logo de presentar un proxecto para a humanización das rúas Aduana e Cruz, no Carril, para o que pedía unha axuda provincial de 540.000 euros. A Deputación considérao ‘incompleto e inexecutable’.

Varela avanza que levarán ao goberno provincial aos tribunais.

O alcalde fala de ‘veto’ da Deputación a Vilagarcía. Fala dun ‘cambio de formas’ do goberno de Luis López cos concellos.

O socialista pecha filas co traballo feito polos técnicos municipais.

E pon en dúbida que algo así pasase nun concello gobernado polo PP.

E mesmo cuestiona que Luis López sexa quen de compatibilizar o cargo de presidente da Deputación co de líder de populares na provincia.

Dende a Deputación, entre tanto, defenden o traballo dos seus técnicos. Explican que no caso de Vilagarcía non cumpriu coa documentación que se lle requiría.

O deputado provincial defende compromiso do goberno de López con todos os concellos da provincia.

Cambados é o outro concello que quedou excluído desta segunda convocatoria do Plan Extra para acondicionar a contorna do Pombal cunha zona de xogos. Neste caso porque o orzamento que presentaron á Deputación era de 430.000 euros mentres que o investimento mínimo esixido pola organismo provincial era de 450.000.