A POBRA> A Pobra acolle a exposición ‘A Camelia na provincia da Coruña’. A mostra, organizada Asociación Española da Camelia con financiamento da Deputación da Coruña, poderá visitarse nos xardíns de Valle-Inclán ata este domingo.
Os afeccionados ó mundo da camelia teñen unha cita estes días na Pobra. Nos Xardíns de Valle-Inclán vense de inaugurar unha mostra titulada ‘A Camelia na provincia da Coruña’, organizada pola Asociación Española da Camelia co financiamento da Deputación da Coruña.
Trátase dunha exposición itinerante que está formada por tótems informativos no que se recollen imaxes desta flor característica de Galicia con textos explicativos e curiosidades.
Dende o Concello destacaron a importancia de poder acoller esta mostra. A exposición que poderá visitarse ata o domingo completarase cunha nova edición da Mostra da Camelia, que tamén os días 21 e 22 de marzo estará presente na sala de exposicións da Casa Mariñeira.











