RIANXO> A empresa Tragsa, que resultou adxudicataria do proxecto, iniciou estes días os traballos para a retirada do espigón existente no peirao de Taragoña.
Costas responde así a unha vella demanda da propia Confraría que solicitaba encarecidamente esta actuación de cara a recuperación do ecosistema litoral nesa zona.
Segundo o patrón maior rianxeiro a retirada da estrutura permitirá a osixenación dos bancos marisqueiros, o que de seguro incidirá na mellora da produtividade desa concesión, unha das zonas de traballo máis empregada polo marisqueo a pé.
Segundo explicou o patrón maior as obras estarán finalizadas xa este verán, previsiblemente en xullo.










