Comezan as obras de seguridade viaria na travesía da Aldeagrande

LOUSAME> A alcaldesa de Lousame visitou as obras de mellora da seguridade viaria que se están a acometer na estrada de Portobravo ó Confurco ó seu paso por Aldeagrande. Os traballos, iniciados esta mesma semana, consistirán na ampliación da calzada a sete metros e medio de ancho.  Construírase unha senda peonil de medio quilómetro na marxe esquerda.

Teresa Villaverde aproveitou a súa comparecencia para pedir desculpas ós veciños polo retraso nas obras, comprometidas dende hai anos. Malia todo, a alcaldesa quixo agradecer á Deputación da Coruña o financiamento para executar estes traballos que constitúen a primeira de tres fases para completar as melloras na travesía ata o Confurco.

Por outra banda, a alcaldesa informou da inminente adxudicación da rehabilitación da ponte de Berrimes e a mellora do acceso a Sabugueiro.