RIANXO> O alcalde de Rianxo, Pedro Piñeiro e a curmá do poeta, Carmen Domínguez subscribiron o convenio de doación de bens propiedade do artista.
A casa museo do poeta Manuel Antonio en Rianxo vén de recibir un dos legados máis importantes para incorporar ós seus fondos.
{flowplayer}barbanza/doacionmanuelantoniorianxo.flv{/flowplayer}
O concello rianxeiro e a curmá do poeta subscribiron o convenio de doación de diverso material do artista, entre o que destaca unha recompilación de trescentos cristais grabados con fotografías realizadas polo poeta que recollen a crónica gráfica dos primeiros cincuenta anos do século XIX en Rianxo.
Memoria gráfica
Este importante legado, explicou o director do proxecto museístico Xosé Luis Axeitos, permite seguir a obra do artista como fotógrafo e coñecer a historia cotiá das xentes de Rianxo.
Segundo anuncio o rexedor rianxeiro nas vindeiras semanas está prevista a inauguración da casa museo do escritor, emprazada na rúa de Abaixo, no casco histórico da vila. Piñeiro agradeceu o traballo da comisión de cultura do concello e da dirección do proxecto museístico na recuperación da memoria biográfica e artística do poeta do mar.
Redacción Barbanza