Porto do Son celebra o Día do Autismo converténdose nun concello accesible

PORTO DO SON> Os edificios públicos de Porto do Son contan con pictogramas para facer accesibles as súas dependencias ás persoas con autismo. Hoxe, Día Mundial desta doenza, usuarios de AMICOS visitaron a casa do concello e o centro de interpretación do Castro de Baroña. Porto do Son convértese así nun dos primeiros consistorios, xunto con Ribeira, en adaptar as súas instalacións a persoas con autismo. Os pictogramas que locen xa en tódolos edificios públicos do concello permiten ás persoas afectadas por este transtorno identificar con maior facilidade os distintos servizos e dependencias. A estrea destes pictogramas enmárcase nos numerosos actos desenvolvidos por AMICOS ó longo desta xornada na que se celebra o Día Mundial do Autismo. En Porto do Son racharon carteis nun acto simbólico que evoca a ruptura de barreiras. Ademais da celebración destes actos, a entidade conta con unidades específicas de atención ó autismo que constitúen unha referencia en toda Galicia.