AMICOS inspírase no cine de terror para celebrar o Samaín

BOIRO> A asociación AMICOS celebrou unha festa de samaín inspirada no cine de terror. O centro integral de Comoxo encheuse de disfraces, música e diversión para celebrar esta data na que a orixinalidade das creacións foi recompensada con premios nas distintas categorías.

Tras semanas traballando arreo na elaboración dos disfraces, os usuarios de AMICOS celebraron unha festa do máis arrepiante.  A temática deste ano xirou ó redor do cine de terror e cada grupo tivo ocasión de escoller o seu disfrace e darlle un toque persoal.

Finalmente, os pequenos do Centro de Educación Especial de Oleiros fixéronse con premio ó mellor disfrace inspirado na película Monstros S. A. O xurando distinguiu ó Boneco Diábolico na categoría de mellor caracterización mentres que a mellor escenografía foi para a Familia Adams. O premio ós máis simpáticos recaeu para os atuendos de Eduardo Manostexeras mentres que os máis terroríficos foron os Freddy Kruger. Pecharon o elenco de premio a Noiva Cadáver coa mellor maquillaxe e Beetle Juice como mellor coreografía.