Pleno aberto – Canal Rías Baixas

125

Hoxe martes o Programa de entrevistas de actualidade de Canal Rías Baixas, Pleno Aberto, regresa as súas pantallas da man de Antonio Blanco, o coñecido presentador da televisión local. O obxectivo de Pleno Aberto para esta nova tempada é afondar nas cuestións máis salientables da actualidade local. Neste primeiro programaa Antonio Blanco entrevista a: Catalina González, Alcaldesa de Sanxenxo, quen responderá a cuestións tan importantes como “os pantaláns da discordia co Clube Náutico”, os avances sobre o Polígono Industrial de Nantes, a mellor tempada turística dos “ últimos años”, o turismo náutico,entre outros temas. Covadonga Salgado, Directora Xeral do Intecmar, afondará nas causas, nos porqués, nos riscos para a saúde human, e nas cores das “mareas vermellas” que afectan ós bivalvos das Rías Galegas. Rafael García Guerrero, Alcalde de Noia, profundizará nas obras, investimentos, na recollida do milleiro de alegacións ó PXOM, na aposta polo turismo, … na preocupación pola campaña marisqueira, que lle afecta ós vecinos noieses.

COMPARTIR