BNG: “ Os do PP máis parecen asaltadores de camiños”

    VILAGARCIA> O BNG tamén valorou moi negativamente o presuposto da Xunta de Galicia par ao 2014. De feito van a presentar unha enmenda a totalidade porque aseguran que non hai por onde collelos e que son especialmente negativos cas comarcas da Arousa e do Salnés, onde aseguran que a xente coida, cada día máis, que no canto dun goberno, teñen Galicia está gobernada por “asaltadores de camiños”. O BNG é aínda se cabe máis duro na súa valoración dos orzamentos da Xunta para o vindeiro exercicio. Entenden que a proposta do PP é unha burla para cidadanía. Para estes nacionalistas a parte concreta que atingue ó Salnés so reflicte unha inversión de apenas 10 millóns de euros, nos que amais se contabilizan os gastos correntes de centros dependentes da Xunta xa en funcionamento, co que se trata de partidas infladas e falseadas, segundo a súa versión. Destacan especialmente que para o Hospital do Salnés só se achega unha única partida na vindeira anualidade de catro millóns de euros, o que imposibilita a súa ampliación tal cal está formulada arestora. Ós do BNG dálles a risa cando o Alcalde de Cambados anuncia que xa hai transporte adaptado para o Centro de Día da localidade que aínda non existe e, denuncian a desaparición de actuacións prometidas que esmoreceron co tempo. No Barbanza, a Deputada Ana Pontón foi a encargada de denunciar as políticas económicas e sociais do Goberno Feijóo que, segundo o BNG, están a condenar a esta comarca á emigración.Nestoutro lado da Arousa tamén botan en falla unha maior atención ós sectores productivos e un maior investimentos en dereitos básicos como a educación, a sanidade e os servicios sociais. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/22/montsebng.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/22/BNG_ORZAMENTOS_AROUSA_BARBANZA.mp4{/flowplayer}