O volei toma a praia de Barraña

    BOIRO> Javier Bosma e Manolo Berenguel, dous exitosos deportistas, participarán durante toda a semana no III Campus Barraña Volei Praia. Os participantes, de entre 12 e 20 anos, mellorarán con eles a súa técnica e o seu xogo ademais de gozar da convivencia co resto de compañeiros.

    É o terceiro ano que a praia de Barraña acolle este campus para novos voleibolistas, e a súa participación deixa ver o éxito da iniciativa. Ata o próximo venres, unha trintena de rapaces e rapazas, adestrarán da man de Javier Bosma, subcampión olímpico en Atenas, e tamén con Manolo Berenguel, campión de España en 5 ocasións, 3 veces elixido mellor xogador nacional e ademais ex-xogador da selección española en numerosas ocasións. Ámbolos dous traballarán para mellorar a calidade dos participantes aínda que xa quedaron sorprendidos co nivel que atoparon na vila boirense O alcalde de Boiro, Xoán Xosé Dieste, indicou que o volei é unha das grandes apostas do concello, sobre todo na formación da base, e isto repercute en grandes resultados deportivos para os equipos do municipio. Ademais de xogadores da comarca, nesta escola deportiva hai participantes de diversos puntos da xeografía galega que se hospedan en Boiro durante os próximos días. Deste xeito, o goberno local promociona o seu turismo fomentando ó mesmo tempo a práctica deportiva.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/24/iniciocampusvolveibolbarrana2406141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/24/iniciocampusvolveibolbarrana240614.mp4{/flowplayer}