Ribeira saca a licitación a mellora integral da Praza dos Estudantes

RIBEIRA> O Concello vén de sacar a licitación o proxecto integral de mellora da Praza dos Estudantes, na avenida da Coruña, a carón dos institutos Número 1 e Coroso.

A actuación, cun custe de 93.500 euros, está incluída no POS+ 2023.

As empresas interesadas en facerse con esta obra terán de prazo ata o día 5 de marzo para presentar as súas ofertas a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí