RIANXO> Rianxo sumouse ás protestas convocadas pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública para denunciar a falla de médicos. Este mediodía recolleron alegacións individuais ás portas do centro de saúde para esixir a incorporación de facultativos que permitan prestar unha asistencia sanitaria de calidade
O centro de saúde de Rianxo conta na actualidade con tan só catro médicos. Son a metade dos que teñen asignados, co que resulta imposible prestar unha axeitada asistencia a tódolos pacientes.
A saturación non se limita a atención primaria senón que repercute tamén negativamente no servizo de urxencias e no hospital de referencia ó que acaban sendo derivados moitos pacientes.
Á protesta celebrada ás portas do centro de saúde rianxeiro, sumouse outra simultánea en Ribeira onde a saturación ten como resultado listas de agarda de máis de dúas semanas para unha cita co médico de cabeceira.