![]()
RIBEIRA> A reforma prevista polo executivo de Ribeira para o paseo marítimo de Coroso faise cada vez máis urxente.
{flowplayer}barbanza/deficienciaspaseocoroso.flv{/flowplayer}
Non hai máis que camiñar un pequeno treito polo paseo de Coroso para comprobar con que frecuencia se producen tropezos ou mesmo caída. A dificultade para camiñar débese ó mal estado das lousas, con moitas pezas rotas ou levantadas, que supoñen un risco especialmente para a xente de maior idade.
Ademais da necesidade de arranxar o pavimento, os usuarios do paseo demandan outras melloras como o cambio das fontes e varandas oxidadas, o incremento da limpeza ou o acondicionamento dos accesos á praia.
No último pleno ordinario celebrado en Ribeira, tódolos grupos da corporación apoiaron de xeito unánime unha proposta para corrixir estas deficiencias.
Redacción Barbanza











