O PSOE levará o xulgado a denuncia por supostos sobresoldos

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/17/fatima.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/17/psoe_cambados_manten_denuncia_alcalde.mp4{/flowplayer}

    CAMBADOS> Tralo arquivamento da denuncia contra o Concello de Cambados pola súa política de pagos ós traballadores municipais, os socialistas de Cambados levarán a denuncia ó Xulgado. O rexedor cambadés contraataca alegando que é unha forma sucia do PSOE de buscar notoriedade neste período pre-electoral. O PSOE de Cambados levará ó Xulgado a súa denuncia sobre a política de pago de complementos, gratificacións e horas extras a determinado persoal do Concello cambadés. Unha vez que o Fiscal Xefe de Pontevedra arquivou a querela que presentaron contra a xestión do Alcalde, continuarán ca súa denuncia ata esgotar as posibilidades legais de eliminar o que para eles son uns sobresoldos. O Alcalde da Capital do Albariño reiteraba tamén hoxe a súa defensa sobre este tema. Respecto ó papel da Fiscalía, ós socialistas entráñalles a inusual celeridade ca se que levou este asunto. Cre que o tema deberá ter asumido con maior atención dada a documentación presentada. Así as cousas, o Alcalde reitera que este tema é unha estratexia dos socialistas para darlle notoriedade a súa candidata de cara ós vindeiros comicios municipais. Pola contra, Fátima Abal asegura que ela tamén podería facerlle descalificacións persoais ó Alcalde na mesma tónica.