RIBEIRA> Ribeira aposta pola sostibilidade na xestión de residuos a través de novos contratos que permitirán avanzar na recollida separativa e na reciclaxe. Ademais do reparto de composteiros domésticos, realizarase unha campaña para a xestión do residuo téxtil e habilitarase un punto limpo de proximidade.
O concello de Ribeira avanza na súa política de xestión sostible de residuos concorrendo a varias liñas de axuda convocadas pola Consellería de Medio Ambiente que permitiron a adxudicación de dous contratos para a mellora da reciclaxe do residuo téxtil e a compostaxe doméstica que irán acompañadas de campañas divulgativas.
No marco destas axudas autonómicas, está prevista tamén a licitación dun punto limpo de proximidade con ata oito fraccións de recollida.











