As floristas da praza de Cambados acusan de intrusismo laboral ás excompañeiras do mercado de defuntos

CAMBADOS> Segue a polémica en Cambados pola organización deste ano do mercado das flores de defuntos. As vendedoras da praza de abastos celebran a decisión do concello de descargar nelas a organización deste evento. Defenden que deste xeito quedan excluídas vendedoras alleas ao sector, que o resto do ano se dedican a outros negocios. Consideran que representaban un claro exemplo de intrusismo laboral. Este ano organizarán un mercado con oito postos na cortorna da praza. Recoñecen que o mercado impulsado polas outras vendedoras lles pode facer dano no peto e critican que anuncien prezos competitivos co o obxectivo, din, de destruílas na campaña máis importante do ano.

O concello de Cambados tomou a decisión este ano de descargar a organización do mercado das flores de defuntos na Asociación de Floristas do municipio.

Delia refírese ás vendedoras que, desta volta, van montar os seus postos na antiga nave de Alfageme. Considera que representan un claro caso de intrusismo laboral.

Unha postura que comparte o concello de Cambados.

Tino Cordal recoñece que non quedaba outra que tomar medidas para rematar con esta situación.

Detrás desta decisión está tamén a presión exercida polas vendedoras do mercado, que levan tempo denunciando esta situación. Delia aproveita tamén para cargar contra as outras vendedoras.

Sobre o anuncio da apertura do outro mercado na contorna da ponte de Castrelo, recoñece que lles vai pode pasar factura, máis aínda anunciando ‘prezos competitivos’.

O mercado organizado polo colectivo de floristas na contorna da praza de Abastos estará aberto os días 29, 30 e 31.