O pleno aproba destinar preto de 900 mil euros do remanente ó reforzo de servizos

RIBEIRA> O concello de Ribeira destinará preto de 900 mil euros do remanente ó reforzo de servizos básicos nas parroquias. Así o aprobou a corporación no pleno ordinario celebrado a pasada tarde.

A aprobación inicial do suplemento de crédito por importe de preto de 878 mil euros con cargo ó remanente de tesourería figuraba como principal punto da orde do día da sesión ordinaria celebrada a pasada tarde en Ribeira. A proposta  saíu adiante co apoio de tódolos edís, agás o non adscrito Juan Luís Furones, quen destacou a falla de previsión do executivo por non ter incluído estas partidas no orzamento, punto no que tamén coincidiron o resto dos grupos da oposición.

A proposta do goberno contempla obras en saneamento nas distintas parroquias por valor de 200 mil euros, a primeira fase da pavimentación e abastecemento na avenida de Ferrol por 150 mil ou unha partida de 145 mil euros pra a mellora do sistema de climatización da escola infantil municipal.

Inclúese tamén unha partida de cen mil euros para unha nova edición dos bonos de AmaRibeira e outra de máis de 104 mil para gastos imprevistos de persoal.

Outras partidas menores destinaranse a investimentos en instalacións deportivas, adquisición de maquinaria para a brigada de obras e control de tráfico, arranxo das deficiencias no alumeado do Centenario ou organización de actividades deportivas e accións de dinamización comercial.

Inserto Herminia

Outros puntos que figuraban na orde do día e que tamén saíron adiante foron a adhesión do concello á Rede Española de Capitais da Cultura ou a redacción dun regulamento municipal para o control de estacionamento de autocaravanas.