RIBEIRA> Satisfacción en Ribeira ante o avance dos traballos sobre os terreos do futuro polígono industrial. Técnicos de Xestur realizan estes días as medicións e catas topográficas previas á adxudicación da actualización do proxecto que se atopa xa en fase de licitación.
Dous meses despois da sinatura do protocolo de colaboración entre o concello de Ribeira e Xestur, os técnicos xa traballan sobre o terreo. O xerente de Xestur e a alcaldesa de Ribeira supervisaron esta mañá os labores que se están a realizar elaboración do estudo topográfico e xeoténico co fin de axilizar a tramitación en paralelo á actualización do proxecto que se atopa en fase de licitación.
Ata a zona desprazouse tamén o presidente da asociación de empresarios quen destacou a alta demanda de chan empresarial que existe no municipio xa dende hai anos.
Se se cumpren os prazos, as obras de urbanización poderían estar licitadas a finais de ano coa previsión de que estean en marcha en maio de 2027.











