Certo optimismo nos xeiteiros tras a primeira reunión da Comisión de pesca da Eurocámara

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/17/novidadesxeito1710141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/17/novidadesxeito171014.mp4{/flowplayer}

    RIANXO> O sector do xeito mostrou hoxe un certo optimismo despois do resultado da primeira reunión da Comisión de Pesca da Eurocámara, na que se abordou a polémica proposta de prohibir radicalmente o uso de redes de deriva, que incluiría tamén as empregadas pola flota artesanal. A total oposición da maioría dos euodeputados, entre eles o propio presidente da Comisión de Pesca, o bretón Alain Cadec, dalle certas esperanzas ó sector do xeito nas súas demandas.

    A practica totalidade dos eurodeputados que asistiron ónte á reunión da Comisión de Pesca da Eurocámara mostraron a súa perplexidade ante a proposta de prohibir o uso de redes de deriva, que incluiría tamén as empregadas pola flota artesanal do xeito. Ademais dos representantes españois, a decisión atopou co rexeitamento do propio presidente da Comisión de Pesca, o bretón Alain Cadec, quen sinalou que o veto que pretende poñerse en marcha non contempla as propias especificidades de cada arte de pesca. Os xeiteiros mostraron un certo optimismo despois desta primeira xornada. Aínda así, seguirán coas súas mobilizacións, ata que non haxa unha decisión definitiva, que pasa porque o xeito, unha das artes de pesca segundo eles máis selectivas, non sexa retirada da proposta.