Cambados declarado mellor municipio enoturístico de España no 2018

CAMBADOS> Cambados está de parabén… ao recente recoñecemento do Albariño como Festa de Interese Turístico Internacional, a Asociación Española de Cidades do Viño e o Club de Rutas do Viño de España ven de recoñecer a capital do Albariño como o mellor municipio enoturístico de España en 2018.
Cambados aínda continúa coa resaca da conmemoración da capitalidade europea do viño, do recoñecemento da Festa do Albariño como Festa de Interese Turístico Internacional e agora debe afrontar un novo distintivo o de mellor municipio enoturístico de España 2018.
A conservación e protección do patrimonio histórico, os viñedos, as súas adegas e a súa labor por potenciar a cultura do viño son só algúns dos aspectos que o xurado valorou para conceder este novo distintivo, que na vila reciben con ledicia.
O xurado estivo composto por representantes de entidades como Acevín, Turespaña, Ministerio de Medio Ambiente, Confederación de Consellos Reguladores, o Observatorio Español dos Mercados do Viño ou a Asociación Española de Enoturismo e Turismo Gastronómico, así como xornalistas, críticos especializados e técnicos..