As esmoliñas da Arousa, unha tradición moi viva para lembrar os defuntiños que van alá

A ILLA> A tradición dos defuntiños percorreu un ano máis A Illa de Arousa. Este ano o tempo acompañou e ducias de nenos e nenas percorreron a vila para facerse coas saborosas esmoliñas. Pero os botíns dos pequenos van moito máis alá, grazas á xenerosidade da veciñanda. Por exemplo, estivemos cunha muller que repartiu entre a rapazada 300 quilos de polbo e tamén nunha pizzería que agasallou unha porción de pizza a todos os que se achegaron por alí. Unha tradición que se mantén viva no municipio e que se vai transmitindo de xeración en xeración.

Esta frase repetiuse na Arousa milleiros de veces neste dous de novembro. O municipio mantense fiel á súa tradición de Defuntiños. Ducias e ducias de nenos e nenas botáronse á rúa na procura desas saborosas esmoliñas.

A este grupo pillámolo na procura das esmoliñas pola Castelao. Esta rúa é un dos epicentros desta tradición que non só gusta aos máis pequenos. Tamén a mocidade participa nos defuntiños.

Estes rapaces andan agora polos 13 anos. Aseguran que esta tradición ten moito futuro. Pero cando lles preguntamos se cambiarían o de pedir esmoliñas por darllas aos máis pequenos…

Bromas aparte, o certo é que o relevo xeracional está garantido nesta tradición.  Para mostra, Andrea.

Neste día dos Defuntiños, netos e avoas déronse cita este luns polas rúas. A tradición foi mudando un pouco cos anos, pero a esencia é a de sempre.

Para esta muller, todo un orgullo poder andar coa súa netiña de dous anos pedindo esmoliñas.

A esta muller coa súa neta atopámola na porta da casa de Charo.

Este é o terceiro ano que Charo ofrece polbo. Este ano repartiu, atención, 300 quilos en esmoliñas.

Outro dos puntos máis transitados da xornada foi este. Salva abriu hoxe a súa pizzería para repartir as súas particulares esmoliñas: un anaco de pizza para cada crianza.

E ese futuro, xa ven, está máis que garantido coa rapazada da Illa de Arousa.