O auditorio ribeirense acolle un acto sobre a Lei de Acuicultura

    RIBEIRA> Na comarca do Barbanza continúan a desenvolverse actos informativos sobre o anteproxecto da lei de acuicultura que promove a consellería do Mar. Nesta ocasión é Ribeira o escenario elixido. O acto terá lugar este próximo venres ás oito da tarde no auditorio municipal. Estará organizado conxuntamente polas tres confrarías do municipio: Aguiño, Palmeira e Ribeira, e nel intervirán o presidente da Plataforma en Defensa da Ría, Xaquín Rubido, o bateeiro e membro do Consello Regulador do Mexillón, Alfredo Otero, o avogado, Alberto Muñoz, e o presidente da Plataforma de Autónomos do Mar, Francisco Iglesias.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí