Alonso agradeceulle ó monarca a súa presenza no 50 aniversario de Jealsa

    visitareijealsa2_100_220509.jpgBOIRO> Durante o acto tamén se procedeu ó descubrimento dunha placa conmemorativa.

    {flowplayer}barbanza/visitareijealsa2.flv{/flowplayer}

    Nunha das naves-almacéns da factoría desenvolveuse o acto principal. O monarca foi recibido entre aplausos polos preto de 2000 empregados da factoría, na súa maioría mulleres. Rompendo o protocolo en máis dunha ocasión, o monarca non dubidou en achegarse ata eles e saudalos case individualmente, entreitándolles a man e devolvéndolle da mellor forma posible as mostras de cariño cara el. Entre vítores de ‘Viva El Rei’ don Juan Carlos foi achegándose ata un pequeno escenario no que se desenvolveron as intervencións.

    Agradecementos

    Foi precisamente o presidente-fundador de Jealsa-Rianxeira, Jesús Alonso, visiblemente emocionado, o encargado de dar lectura a un discurso, no que agradecía a presenza do monarca.

    Na súa intervención Jesús Alonso fixo referencia ós seus inicios como empresario, primeiro no sector textil e posteriormente na industria conserveira.

    Descubrimento placa

    Unha vez rematado o discurso procedeuse ó descubrimento dunha placa conmemorativa en lembranza do acto.

    Aínda que nun primeiro momento non estaba prevista a súa intervención o monarca non desaproveitou a ocasión de achegarse ó micrófono e improvisar un pequeno discurso no que felicitou a Jesús Alonso e a súa familia polos éxitos empresarias acadados nestes 50 anos.

    Unha vez rematadas as intervencións realizouse unha fotografía coorporativa de tódolos traballadores da empresa coa Súa Maxestade e posteriormente tivo lugar un cóctel que se encargou de servir nas propias instalacións da factoría o Restaurante Chicolino.

    Redacción Barbanza