A Pobra homenaxea a Joaquín Fernández Millán, exiliado republicano que formou parte da compañía ‘La Nueve’

A POBRA> O concello da Pobra rendeu homenaxe a Joaquín Fernández Millán, exiliado republicano que participou na liberación de París da ocupación nazi. O acto, celebrado ante escultura pola memoria histórica dos Xardíns Valle-Inclán, participou a neta deste soldado, integrante da compañía ‘La Nueve’.

A Pobra segue a recuperar a memoria histórica poñendo en valor o papel dos seus veciños que destacaron na defensa da liberdade e da democracia. É o caso de Joaquín Fernández Millán, exiliado trala Guerra Civil e que participou na liberación de París da ocupación nazi como membro da compañía ‘La Nueve’ integrada case exclusivamente por soldados españois.

A través deste acto, celebrado esta fin de semana nos xardíns Valle-Inclán, a concellería de Memoria Histórica quixo render homenaxe a estes soldados e, por extensión, a todo o exilio republicano.

O acto, que contou coa participación da neta de Fernández Millán e Juan Galán, autor da súa biografía., estivo amenizado pola música do grupo Barahúnda. Rematou cunha ofrenda floral a caron da escultrura pola memoria histórica.