Alex Vidal foi elixido coma mellor parataekwondista nacional

RIBEIRA> A Federación Española de Taekwondo vén de elixir, por terceiro ano consecutivo, ó ribeirense Álex Vidal coma mellor loitador na modalidade de parataekwondo. O deportista do Club Natural Sport suma un premio máis na súa xa dilatada carreira. Despois de conseguir a medalla de bronce no Paramundial de Taekwondo celebrado o pasado mes de setembro en Turquía, o seu próximo obxectivo será a súa clasificación para as Paraolimpíadas de Tokio 2020. Entre os seus logros mais importantes figuran tres campionatos do mundo consecutivos nos anos 2012, 2013 e 2014.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí