Máis de 140 mil euros para a reforma da estación de autobuses de Noia

    NOIA> A Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a través da Dirección Xeral de Mobilidade, investirá máis de 140 mil euros na renovación da estación de autobuses de Noia, cuxas obras comezarán nas vindeiras semanas. As obras teñen como finalidade a mellora da cuberta, o acondicionamento de fachadas e as reparacións de distintos elementos que afectan tanto ó edificio principal como ó resto da estación.As actuacións están enmarcadas nun contrato máis amplo que tamén inclúe a reparación das estacións de autobuses de Cambados e Sanxenxo, cun investimento total que ascende a máis de 217 mil euros.