Regresa o Verán Verán con novas seccións e mantendo as entrevistas de primeiro nivel

SANXENXO> Este venres volve ao Canal Rías Baixas o Verán Verán. O programa presentado polo noso compañeiro Dani García contará este ano con reportaxes novidosas e entrevista de primeiro nivel. A gran novidade desta tempada é a sección Saborea o Salnés coa que descubriremos os pratos máis típicos dos nove concellos da comarca.

A noite dos venres volverá estar chea de diversión e entretemento co regreso do Verán Verán ao Canal Rías Baixas. O programa arranca este venres unha nova edición renovando as súas seccións pero mantendo a súa esencia. As entrevistas, as reportaxes e a música continuarán sendo os piares do programa. Entre as novidades deste ano destaca a nova sección ‘Saborea o Salnés’.

As entrevistas do programa centraranse na actualidade e na cultura pero sempre mantendo a diversión. Ata Sanxenxo achegaranse convidados de primeiro nivel.

O set musical é outro dos piares do Verán Verán. Cada semana terá a oportunidade artistas emerxentes de toda a comunidade.

Outra das novidades deste ano é unha sección de axenda na que se darán a coñecer os principais eventos da comarca e doutras zonas de Galicia.

O venres ás 10 e cuarto terá lugar a primeira emisión deste Verán Verán. A tempada estará composta por 10 programas rematando a mediados de setembro. 10 semanas para sonreir e gozar do verán nuns momentos tan complicados.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí