O BNG insta ó executivo local a acabar coas deturpacións do topónimo Pobra na internet

POBRA> Os nacionalistas consideran que o Concello debería ter unha actitude activa de cara a corrixir esa situación e lograr o respecto e uso do topónimo correcto e oficial. A través dunha moción que será debatida no pleno deste xoves, o BNG solicítalle ó Concello que se dirixa, na medida das súas posibilidades, ós responsables das páxinas de internet e das redes sociais hoxe en día máis empregadas nas que se detecte o uso deturpado do topónimo oficial da Pobra para esixirlles o uso da forma correcta.