A Fundación Ecomar esperta conciencias ecolóxicas nos escolares boirenses

BOIRO> O programa de limpeza de costas da Fundación Ecomar recalou esta mañá na localidade. Na actividade participaron un grupo de escolares  do colexio de Cabo de Cruz que recolleron os residuos depositados nas praias de Corviño e Curvera, a carón do Club Náutico. Vendo a resposta desta cativa do colexio Santa María do Castro parece que o obxectivo da xornada de limpeza de espertar a súa conciencia ecolóxica está máis que conseguido. A actividade organizada pola Fundación Ecomar foi desenvolvida nas praias das inmediacións do club náutico de Cabo de Cruz. Xunto a ela, un grupo de compañeiros de quinto e sexto de primaria do colexio crucense, estivo recollendo lixo durante máis de dúas horas. A maior parte dos residuos recollidos foron plásticos, aínda que tamén acharon residuos do máis sorprendentes. Antes de iniciar a recollida, os nenos asistiron a unha charla a cargo da regatista olímpica e presidenta de Ecomar, Theresa Zabell, que incidu na necesidade de concienciar dende idades temperás. A fundación Ecomar leva dúas décadas promovendo a limpeza do litoral en toda España. Dende hai dez anos colabora con Coca-Cola que vén de poñer en marcha o proxecto ‘Mares Circulares’ con actividades de concienciación e recollida de residuos.