Os clicks ensinan prehistoria no Museo de Pontevedra

PONTEVEDRA> Os populares clicks de Playmobil visitan dende hoxe o Museo de Pontevedra para ensinar prehistoria ós máis pequenos. A través dunha recreación dunha escena de Atapuerca, os rapaces poderán entende como vivían os nosos antepasados.

É un dos xoguetes máis populares da historia e agora, a historia bota man deles para difundila entre os máis cativos. A través dos Playmobil, o Museo de Pontevedra pretende ofrecer un modo diferente de entender e interpreta-lo mundo da prehistoria.

Con esta maqueta da serra de Atapuerca, os rapaces poderán endende-lo modo de vida dos nosos devanceiros dun xeito diferente.

Con 44 anos de vida e tan só 7 centímetros e medio de estatura, estes pequenos seres aparecen nesta escena customizados, creando para ocasións pezas únicas, como un click axeonllado ou outro cos brazos flexionados. Todo isto para que dende Pontevedra se poida ver unha realidade moi afastada no tempo, pero tamén moi próxima para todos aqueles que se acheguen ó Museo.

Na maqueta inclúense elementos reciclados, como escarvadentes para a construción destas estadas. A idea é concienciar ós máis pequenos de que para xogar non é necesario mercar, senón que tamén hai alternativas creativas. Na mostra tamén se incluíron seis anacronismos, para que rapaces e maiores pasen un bo anaco tentando atopalos.