Pouco marisco na apertura da campaña marisqueira en Rianxo

RIANXO> Mal arranque da campaña marisqueira en Rianxo. Nesta primeira xornada, os traballadores volvían a terra con impresións encontradas aínda que a maioría non augura un bo futuro ante a escaseza de marisco. Os mariscadores rianxeiros volvían este luns a traballar nas súas autorizacións con poucas expectativas. A alta mortaldade detectada nas últimas semanas polo exceso de chuvia facía augurar un mal arranque, que na maioría dos casos se confirmou. Nesta primeira xornada, traballaron na zona do río onde houbo quen non foi quen de volver a terra cos topes fixados en tres quilos de babosa, tres de xapónica e un de fina. En canto ó tamaño, a ameixa aínda é algo pequena. Malia todo, hai quen augura un bo futuro da actividade unha vez que medre e aumente polo tanto o seu valor comercial.