Manuel Ruíz levará de novo os presupostos a pleno en marzo

RIBEIRA> O alcalde de Ribeira volverá levar a pleno os orzamentos en marzo. O obxectivo do goberno é deixar as contas aprobadas para dar maior estabilidade á futura corporación que resultará das eleccións de maio.

Tras unha primeira xuntanza cos voceiros da corporación, o alcalde de Ribeira volverá convocar ós responsables de tódolos grupos políticos para plantexar a necesidade de aprobar os orzamentos. Na actualidade, o concello funciona co presuposto prorrogado, o que implica importantes dificultades á hora de actualizar contratos e facer fronte ás subas derivadas da inflación.

A intención de Ruíz é poder levalos a pleno durante a primeira quincena de marzo co fin de ter os orzamentos aprobados de cara á entrada dunha nova corporación, que resultará das eleccións municipais do 28 de maio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí