RIANXO> A policía local de Rianxo leva formuladas preto dun cento de denuncias dende que comezou o estado de alarma. Entre elas, dous residentes noutras cidades que pretendían trasladarse a segundas residencias.
Ó igual có resto dos corpos de seguridade locais, a policía local de Rianxo colabora activamente coa Operación Balmis, en colaboración coa Garda Civil e efectivos da Brilar. A través de numerosos controis fixos e móbiles pretenden garantir o cumprimento das medidas derivadas do estado de alarma. meedidas que non todo o mundo respecta posto que ata o momento xa tramitaron noventa e dúas denuncias polo incumprimento do confinamento. Unha delas por vía penal ó tratarse dun infractor reincidente que acumulaba dez denuncias anteriores.
Entre os días oito e doce deste mes establecéronse unha serie de dispositivos ‘xaula’ en colaboración coa Agrupación de Tráfico da Garda Civil para controlar o tránsito de vehículos e persoas con motivo da Semana Santa. Interceptaron a un residente en Ourense e outro en Barcelona que pretendía trasladarse a segundas residencias.
Ademais do incumprimento do confinamento, nestas campañas de vixilancia detectáronse outro tipo de infraccións e delitos. Os axentes comisaron diversas sustancias estupefacientes en catro operativos e denunciaron a sete condutores por positivo en drogas ou alcol.
Sen embargo, o labor das forzas de seguridade vai moito máis aló da vixilancia. dende o inicio do estado de alarma, a policía rianxeira antendeu máis de mil cen requirimentos de información ou asistencia a cidaáns ós que se prestou auxilio en colaboración con servizos sociais do concello. Entre outras tarefas, colaboran no reparto de máscaras de protección ou na coordinación da limpeza e desinfección de zonas estratéxicas.
Tamén en Boiro, a policía local fixo balance das actuacións nunha xuntanza mantida esta mañá co alcalde. Ata o momento, lévanse interpostas sesenta sancións. Co obxectivo de disuadir ós infractores, acordaron incrementar os controis en colaboración coa Garda Civil con especial incidencia no casco urbano á hora de maior afluencia de xente.