A Xunta analiza cos alcaldes as medidas para paliar a afectación do incendio de Barbanza

BARBANZA> Tal e como estaba previsto, o conselleiro de medio Rural mantivo esta mañá unha reunión con representantes dos catro concellos que integran a Mancomunidade Barbanza Arousa para analizar as consecuencias do incendio rexistrado a pasada semana que afectou a unhas 2.200 hectáreas de monte.

José González trasladoulle ós alcaldes os traballos que está a realizar a Xunta sobre o terreo para evitar a erosión do terreo, e que a chegada das chuvias, non provoque o arrastre das cinzas.

Nas próximas semanas está prevista unha nova xuntanza, esta vez con representantes das mancomunidades de Montes afectadas, co fin de implicalos tamén nos traballos de recuperación do terreo.

José González insistiu novamente na intencioalidade dos incendios, aínda que aludiu tamén á neglixencia, en moitos casos, como causas máis común destes lumes.

O titular de Medio Rural apelou á responsabilidade da cidadanía, para que se eviten aquelas actividades que poidan desembocar nun incendio forestal.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí